A Coruña é unha cidade pouco "verde". Na miña opinión esto é debido por unha bánda a peculariedade da súa situación xeográfica, que fai que haxa poucas zonas abertas onde sexa posible ter amplas zonas verdes, e por outro lado ao urbanismo vivido dende os anos 60 priorizando o formigón sobre todo o demais.Nin que decir tén que mellorar e ampliar a superficie verde e arbolada da cidade ten infinitas ventaxas: mellora da calidade ambiental do aire (menor número enfermidades derivadas da polución); reducción da cantidade de auga vertida a rede de pluviais (menor custo de xestión da auga a depurar); unha cidade máis amable, máis agradable de cara aos peatóns; mellora da actividade económica naquelas rúas con árbores; etc, etc...
Creo que todo isto pódese cambiar con 3 tipos de actuacións, a corto e medio prazo:
1. Ter un equipo de operarios, unha cuadrilla, que pouco a pouco e durante todolos días do ano fose plantando árbores e creando zonas verdes en todolos rincóns da cidade que, sen reducir espacio de acera, permiten incrementar a superficie verde sen unha gran inversión. Eu vivo en Montealto, e sen pensar demasiado ocórrenseme as seguintes actuacións: plantar árbores na rúa Zalaeta, no lado que actualmente non ten(ten unha beirarrúa ampla en non habería máis problema); sustituir o adoquin da rotonda do Campo da Leña por zona verde; plantar un seto ou algo verde na mediana da rúa Curros Enriquez que desemboca no paseo marítimo. E como eu seguro que todo o mundo no seu barrio coñece miles de rincóns onde se podería facer o mesmo con unha inversión mínima, e que de consultarse da forma axeitada se podería pór en común aqueles lugares nos que intervir.
2. Plantar árbores nas rúas que xa están arranxadas e que non merece a pena urbanizar de novo polo seu elevado custo. Penso por exemplo na Avenida de Hércules. O único que habería que facer sería poñer alcorques por fora da beirarrúa para que unha das principais vías de Montealto non sexa tan gris.
3. Nas futuras "humanizacións" de rúas, facelo cun criterio que reduza ao mínimo a presenza do coche e priorice a presenza do peatón e as zonas verdes. Por exemplo, aínda que teña os seus defectos, o arranxo da rúa Orillamar creo que está bastante ben conseguido. Esto sería unha actuación a medio prazo, que hai que valorar máis detidamente.
Creo que así, nun curto espazo de tempo, e sen darnos conta poderíamos ter unha cidade que fose mellorando pouco a pouco e facendo que a cidade sexa máis amable coa xente e co importante, que somos nós.