Non é descoñecida a degradación medioambiental sufrida polas praias de esta ensenada, na que fai anos era común que o bañista pisase toda sorte de cunchas e fose sorprendido pola beleza da vida mariña con tan sol mergullar os pes na auga. Por outra parte, sucesivas actuacións nas que se tiñan en conta máis consideracións lúdicas ou estéticas que prácticas ou de benestar humano e ecolóxico, contribuiron a esta situación, o tempo que xeran unha serie de costes engadidos ano tras anos o mantemento das praias de Riazor e Orzán.
Propoño a realización de un estudio, desde unha perspectiva práctica, ecolóxica e de sostebilidade, que permita a recuperación e a mellor xestión do ecosistema de ensenada Riazor-Orzán.