O prazo de participación rematou o 2/04/2015
28
Presentada por Juan Rioja Lema
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Ata non fai moitos anos existía un transporte marítimo entre o porto da dársena en Coruña e a praia de Santa Cristina. Tratábase dun agradable paseo que che permitía ver a cidade desde o mar, pasar por diante do Castelo de San Antón e atracar nun pequeno peirao que che deixaba na mesma praia de Santa Cristina. 

Este servizo ademais de supoñer unha alternativa para os coruñeses tamén o era a nivel turístico xa que era un dos mellores xeitos de admirar a nosa cidade e a contorna da ria. Temos que reivindicar o noso pasado e presente mariñeiro e recuperar este servizo.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

4
Comentario de Marcial Blanco Castelos
Eu faría un estudo de viabilidade técnica de todas as rutas marítimas posibles desde a cidade, previo a un estudo de viabilidade económica, coa posibilidade de apoiar ás empresas que estiveran dispostas a levar a cabo estas rutas, eliminando taxas ou custes relacionados co uso dos peiraos.
3
Comentario de Antonio Vazquez
O trasnsporte maritimo esta esquencido e seria un bo medio de mellorar a mobilidade da area metropolitana
3
Comentario de Jorge Diz Pico
Pregúntome se o problema foi que non era rendíbel. De tódolos xeitos, de facerse un estudo e ser viábel, gustaríame velo de volta e por iso (a falta de máis dados) voto a favor por visibilidade.
1
Comentario de Ramon Lopez Aguilar
Totalmente dacordo ca tua proposta pero o inconvinte e tumbar o muro que Gelo se empeñou en levantar frente a Coruña para (supoño) reivindicarse como se do probado de Asterix se tratase, inda a costa de cargarse un pobo coma Santa Cristina que foise o garete dende (entre outras) a eliminación da lancha que nos comunicaba, cargandose o peirao de un plumazo pra que a naide se lle ocurrese volver a recuperala, e o tempo o pobo completo afundindo os seus negocios no mais absoluto ostrcismo e olvido.
1
Resposta Juan Rioja Lema
Certo que habería que reconstruir o peirao que derrubou. Outra opción podería ser que o atraque foxe no lugar das Xuvias, como destino turístico a reivindicar. A rehabilitación deste núcleo con espazos educativos de carácter etnolóxico, onde os barqueiros puideran cruzar á praia de Santa Cristina nas súas chalanas como se fixo sempre.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: modelo-territorial-urbano-xeral

28
13
8
4
2
28
8
13
4
2
2
4
13
28
8
28
13
8
4
2