A cidade escolar foi pensada polo arquitecto municipal Antonio Tenreiro, nos anos 30 do século pasado, como un campus moderno composto por diversos edificios con fins educativos integrados nun parque de uso público. Lamentablemente, o proxecto foi deturpado nas seguintes décadas, existindo na actualidade unha serie de edificios illados e separados entre sí por valados de formigón e ferro: centro Normal da UDC e CEIP Prácticas, IES masculino, IES Rafael Dieste, Pavillón Agra, Conservatorio, UNED, Escola de idiomas.
Esta amalgama de edificios é, de facto, unha barreira urbanística que separa a zona de Peruleiro/Manuel Murguía da zona de cidade escolar, obrigando aos peóns a rodear unha zona que ben podía ser atravesada se existisen pasos entre os edificios.
A proposta é reordenar esta zona, unificando zonas de aparcamento para traballadores e usuarios dos diferentes edificios, e eliminando onde se poida os valados que separan os edificios, creando un parque (campus) de acceso e uso libre para a cidadanía, que sirva de conexión entre dous barrios e de acceso aos diferentes equipamentos.