O prazo de participación rematou o 2/04/2015
16
Presentada porRamónCastro
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

No tema do transporte público urbán xa está (case) todo inventando. Só hai que dar unha volta polo mundo e adaptar as mellores prácticas que xa se usan por aí adiante. Algunhas propostas que se me ocorre que se poderían facer:

  • Empezar por un estudio sobre densidade de poboación e posibles fluxos entre zonas da cidade (vivendas, zonas comerciais, polígonos industriais, zonas de ocio, etc.) Estou case seguro que non o hai.
  • A partir de aí, redeseño das rutas, con 3 obxetivos: mellorar os tempos, a funcionalidade e o prezo

  • Para mellorar os tempos:
  1. Cambios nas rutas con percorridos máis lineais, sen visitas turísticas.
  2. Liñas máis curtas: percorrer a liña completa deberíalle levar ó bus media hora como moito. Estamos na Coruña, non en Manhattan.
  3. Menos paradas, máis amplas e máis espaciadas; todo o mundo quere ter a parada na porta da casa, pero iso é incompatible con un bo servizo para todos; o ideal, ter unha parada a menos de 3 minutos camiñando.
  4. Carril bus en zonas de tráfico denso.
  5. Preferencia dos buses na circulación en cruces, rotontas e incorporacións.
  6. Axilizar o acceso ó bus: todos os buses teñen 2 e 3 portas, e só se usa unha; todo o mundo debería poder subir e baixar POR CALQUERA PORTA; evitaríanse así cousas nunca vistas noutros lares, como a odisea que supón acceder cunha silla de rodas ou un carriño de bebé e ter que ir pagarlle ó conductor. Isto implicaría un cambio na operativa de pago, que tampouco nos ven mal.

  • Para mellorar a funcionalidade:
  1. Máis liñas polos polígonos, campus e zonas comerciais.
  2. Ampliación de horarios, en xeral, e en certas épocas en particular. O famoso 'buho' é unha engañifa. Non pode ser que no verán, en plenas festas, ás 22:45 xa non haxa bus nalgunha liña.
  3. Poder sair e entrar da Coruña sen ter que cambiar de bus. Hai sitios nos que cambias de país indo en bus urbano, e aquí non podemos ir dos Castros ó Burgo. 

  • O pagamento
  1. Uso de bonos mensuais e anuais, cos correspondentes descontos para xubilados, parados, nenos, etc. Abonda con levalo enriba, para amosalo en caso de inspección. Chegas á parada e cando ven o bus, subes. Xa está.
  2. Para billetes fóra dos bonos, billetes individuais e bonos de X viaxes, adquiribles en máquina expendedoras nas paradas (tipo ORA); nunca tal se viu que teña un que ir ó banco comprar o billete do bus; cada bus podería ter unha, ó lado do conductor, para os usuarios de paradas onde non haxa expendedor. En ningún caso o conductor cobrará: nos paises civilizados o conductor adícase a conducir e ter conta da seguridade.
  3. Ter un servicio de inspección que inspeccione e poña multas ós listos, que sempre os hai.
Menos infraestructuras megalómanas e máis transporte público racionalmente xestionado. Perdón pola extensión.  :-)

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

2
Comentario deLeticiaBarbadillo
Creo que, de feito, podería ser interesante, de cara a mellora de frecuencias e sevizo, plantexar en determinadas zonas -especialmente os polígonos- un modelo microbuses que fixesen percorridos internos e conectasen cos buses de liña regular, de xeito que o bo servizo non afectase á duración do percorrido.
1
Comentario deJorgeDiz Pico
Boísimos puntos. Todos son cousas que xa se están a facer polo mundo adiante, só cómpre aplicalos.
1
Comentario deAndrésSouto
Mois bos puntos. Como ben dis son cousas de sentido común que se aplican en calquera país civilizado. Para min o mais sorprendente é iso de que o conductor teña que cobrar ou comprobar se alguén cancelou o billete o non. Non se dan conta de que custa mais diñeiro os 30 minutos que perfectamente perde o conductor cada día cobrando que o que deixarían de ingresar pola xente que subise sen pagar...
1
Comentario deAlbertoRivera Rey
Fixen unha proposta cuns puntos parecidos pero esta está ampliada e mellorada. Moi boas ideas en xeral. Non hai máis que ir a calquera cidade de Europa para comprobar o transporte urbano funciona dunha maneira moito mellor. Noraboa pola proposta!

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: mobilidade

39
33
25
23
20
18
16
14
13
13
12
11
10
9
9
8
8
7
7
6
5
4
4
3
3
2
2
11
39
12
13
9
16
8
14
20
6
10
23
25
33
13
5
7
9
7
4
18
8
2
4
2
3
3
3
3
2
4
23
2
10
8
18
4
7
6
7
5
13
9
8
12
13
11
16
9
39
20
33
14
25
39
33
25
23
16
18
20
13
14
13
10
12
9
11
8
8
9
7
7
5
4
4
6
3
3
2
2