Elaboración dun Plan Municipal para a promoción da equidade de xénero, diversidade sexual e prevención do machismo:
Crear e/ou reformular as infraestruturas e políticas necesarias para a igualdade de xénero en materia de saúde, coidados, emprego, etc.
Realizar obradoiros para a prevención do machismo e actuación sobre o mesmo que teñan como obxectivo: a ruptura dos roles de xénero dende a infancia e a promoción do pensamento crítico e a análise da realidade actual en adolescentes.
"Herstory": recuperar a memoria e a historia das mulleres da Coruña.
Integración, promoción e visualización doutros feminismos e outras realidades que afectan a mulleres que sofren motivos de discriminación engadidos (lugar de procedencia, etnia, idade...).
Diálogo con movementos sociais e asociacións.
Mostrar e sinalar a problemática de forma que sexa accesible visualizala e abordala.