O prazo de participación rematou o 2/04/2015
5
Presentada por Monica Viqueira Martinez
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

O ano pasado o partido no poder decidiu eliminar a convocatoria coa que históricamente o Concello apoiaba o traballo das entidades de cooperación ao Desenvolvemento da cidade. Esta era unha oportunidade para moitas persoas, de distintos lugares do mundo, de mellorar as súas condicions de vida gracias ao compromiso e solidaridade dos coruñeses.
A proposta pasaría por recuperar esta convocatoria e volver a gardar un espazo para a loita contra a desigualdade e pola xustiza social.


Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

1
Comentario de Alfonso Mascuñana Bordas
A Marea Atlántica ten que ter presente que o noso benestar constrúese sobre o sufrimento e a inxustiza de millóns de seres humanos. A Cooperación para o Desenvolvemento non é esmola nen caridade , senón devolución. Debemos ter diante o horizonte do 0,7 por cen do pib proposto polos Organismos Internacionais. Debemos ter diante un criterio firme de solidariedade acompañado de explicación á cidadanía dominada as veces por criterios inducidos de egoísmo e localismo. Por en práctica a igualdade radical é loitar por unha Coruña mellor para todas.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: xustiza-cohesion-social-xeral

18
6
5
5
5
3
3
1
6
5
1
18
5
3
3
5
5
3
3
5
5
18
6
1
18
5
5
5
6
3
3
1