No barrio de Cidade Escolar hai moitos edificios públicos que teñen xardíns pechados co que non se permite que a cidadanía poida disfrutar destes espazos públicos, e en moitos destes edificos poderíanse facer actuacións similares a que se fixo no actual CUR(antiga facultade de empresariais) abrindo os seus xardíns que anteriormente so podían disfrutar os usuarios deste edificio.
A medida sería negociar cas administracións responsables para abrir estes espazos a cidadanía. Nos edificios que se podería facer esto serían os da Escola Oficial de Idiomas, o do Conservatorio, o da UNED e o do Colexio Calvo Sotelo, quedando excluída desta medida os colexios e os institutos.
Desta maneira poderíamos ampliar os espazos de convivencia do barrio cun custe moi baixo.