Adoptar todas as medidas pendentes para que o acceso aos servizos e espazos municipais sexa verdadeiramente igualitario. Por exemplo:- Eliminar as barreiras arquitectónicas que todavía existen na cidade (beirarrúas sen rebaixes en cruces, por exemplo) e adaptación dos espazos de ocio infantil -incluíndo columpios adaptados en todas as áreas de xogo-.- Garantir a presenza de personal cualificado de apoio para persoas con necesidades específicas en todas as actividades municipais (monitores para nenos con necesidades educativas específicas, tradutores en linguaxe de signos, persoal de apoio á terceira idade nas administracións municipais, etc)- Adaptación das webs municipais para unha accesibilidade total -adaptadas para lectores invidentes, por exemplo, cousa que non cumpre a recén renovada páxina do concello-.- Inspección exhaustiva do cumprimento da lexislación en materia de inclusión no municipio, tanto a nivel de urbanismo como de servizos, sancionando calquera tipo de discriminación.- Realizar formación aos traballadores municipais para o servizo á diversidade.