O prazo de participación rematou o 2/04/2015
7
Presentada porLeticiaBarbadillo
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Impulsar os mercados como primeira referencia de compra de alimentación mediante a formación, tanto con visitas escolares como organizando  cursos de consumo nos mercados municipais, con contidos como a temporalidade dos produtos, os criterios de escolla, a trazabilidade dos alimentos e mesmo receitas de cociña de temporada. Estudar as posibilidades de descontos ou promocións compra para os asistentes aos cursos.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

2
Comentario deRamonLopez Aguilar
Unha boa idea.
Cada euro que levamos a centros comerciais Carrefour, Corte Inglés, Mercadona, etc. son cartos que se escapan da nosa cidade e crean emprego noutras. Eso a xente tiña que "concienciarse".

Dito o cal, e falando da Praza de Lugo (que e a que me toca de preto) levo 45 anos acudindo a ela (primeiro ia comprar en grandes cantidades pra un restaurante familiar e agora de "paseo") e as autoridades non teñen huevos (porque non hay outra forma de decilo) a obligarlles o 90% dos vendedores a expoñer os prezos dos productos (cando están na obriga).

Entón pretender meter o consumidor no siglo XXI e tocarlle a solidaridade pra que compre aquí, namentras os vendedores transitan ainda na idade media do regateo (que perfectamente pode convivir ca exposición do custo dos productos) e o precio escondido, e un pouco pedirlle o veciño que nos regue a leira se nos nin siqueira somos quen de sachala e sembrala.
1
RespostaLeticiaBarbadillo
Efectivamente, calquera medida pasa por facer cumprir a normativa e facilitar a compra, o que comeza por coñecer os prezos.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: economia-das-persoas

34
14
7
4
3
2
-24
-24
34
7
14
4
3
2
4
2
3
7
14
-24
34
34
14
7
4
3
2
-24