Conto una experiencia que coñezo de primeira man: Unha parella nova, con vivenda hipotecada e sen traballo, a resultas de poder facer fronte á hipoteca e poder comer, argallou o seguinte:Fixeron un curso oficial de xeriatría e, seguidamente, acolleron a 4 anciáns na súa casa, ós que lle proporcionan cuidados, alimentos e, sobre todo cariño. Estes síntense aveirados e en familia ( cónstame que están ledísmos ), a cambio entregan parte da súa pensión, coa que aquela parella nova pode paga - la hipoteca e gañar un soldo digno.Esta actividade podería ser regulada pola Administración e acadar tanto unha fin social como permitir, normar e controlar un eido de traballo importante.