O prazo de participación rematou o 2/04/2015
48
Presentada porMareaAtlántica
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Esixencia do cumprimento de criterios éticos para as empresas que queiran acceder a bolsa de emprego do Concello.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

4
Comentario deAlejandroCastro Sanchez
Creo que nos propios pregos de condicions para a obtención dun servizo público do concello por parte dunha empresa, teñen que figurar as condicions laborais e salario mínimo que se garantiza as persoas contratadas. Creo que ligar o propio prego as condicions mínimas de contratación,sería un bo punto de partida para garantizar dereitos as persoas contratadas
2
Comentario deLlaniZotes Flores
Non sei escribir ben en galego, disculpademe: Todas las empresas tienen que cumplir el convenio colectivo del ámbito en el que se desarrollan siempre, no importa quien las contrate. Si no cumple las condiciones mínimas de contratación ya reguladas por ley el trabajador debe denunciarlo. Las inspecciones de trabajo deben ser mas frecuentes y no hacerse sólo cuando haya una denuncia.
1
Comentario defernandolópez doval
Moi difícil sen incumprir a lexislación de contratación pública
1
Comentario deRosaBrañas Abad
Di Fernando López Doval que non parece posible estipular cuestións como “condicións laborais e salarios mínimos”, como apunta o compañeiro Alejandro, pero estaría ben que nolo explicara.
Outras cousas que me pregunto, tamén dende a absoluta ignorancia, é se non sería posible que o Concello establecera os criterios de contratación fundándose exclusivamente na idoneidade técnica, excluíndo as propostas económicas, de maneira que por un orzamento xusto e razoable establecido polo Concello, gañen os candidatos que ofrezan maiores garantías de calidade para o cumprimento da obra ou servizo, e non simplemente "o mellor postor", posto que é sabido que esa poxa absurda polos contratos o único que favorece é a venda do patrimonio público a empresas ricas e pouco escrupulosas, a conta da calidade e do emprego digno, cando non das propias contas municipais: como é posible que se poxe á baixa, se gañe o contrato e logo se soliciten máis cartos públicos para o remate da obra ou do servizo contratado?? Nunca entenderei esa dinámica!
Agora xa me temo que haxa algo de ilegal nestas propostas...
Un saúdo
1
Comentario deRosaBrañas Abad
E outra cousa: a prol da absoluta transparencia, deberían publicarse na Páxina web do Concello as propostas de todos os candidatos, ademais dunha explicación razoada da resolución adoptada polos servizos técnicos do Concello.
1
Comentario deconcepciónNovo
Entendo que a bolsa pódese entender como:
1. Concurso público que coma administración local ten unha regulacion ainda que se pode fomentar a RSE e a RSC
http://www.elderecho.com/tribuna/administrativo/responsabilidad_social_empresarial-administraciones_publicas_11_688555002.html
2. A bolsa onde se pon en contacto aos desempregados e as empresas que queren contratar traballadores, nesta bolsa podense esixir os criterio éticos ainda que conxugando a labor de pedagoxía e motivación para o seu cumprimento xa que a efectividade da bolsa esta en que xestione postos de traballo.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: emprego-digno

48
27
26
10
7
6
6
5
-5
48
27
26
7
-5
6
10
6
5
5
6
10
6
7
-5
27
48
26
48
27
26
10
7
6
6
5
-5