O Goberno municipal, saido dunha elección democrática, representa ao conxunto da cidadanía. Con ese conxunto ten a obriga de contar ao longo de todo o mandato. A opinión da sociedade organizada deberá ser escoitada, e á súa vez informada nas decisións estratéxicas de deseño e desenvolvemento da cidade.Por iso crearase un Consello económico e Social, no que participen, ademais do goberno municipal e os grupos da oposición, persoas representantes da sociedade civil: Asociacións de empresarios e empresarias, Sindicatos, Asociacións do terceiro sector, AMPAs, Asociacións de consumidores e usuarios, etc. que de xeito colaborativo contribúan a un análise colectivo da situación da cidade e á busca de solucións tamén colectiva para os retos do futuro.