Con fon dos propios e fondos europeos. Unha bolsa importante de desemprego provén das consecuencias do estourido da burbulla inmobiliaria. No eido habitacional non podemos soñar coa reactivación da construción de vivendas. Todas as alternativas pasan polas políticas de rehabilitación do parque de vivendas existentes.Iso vai permitir reocupar a unha parte das persoas que perderon o traballo e abrir camiños para a incorporación de persoas novas que requiren estar formadas.A proposta é que o Concello, aproveitando os programas europeos de Garantía Xuvenil poña en marcha unha Escola Taller e obradoiros de emprego no Edificio da antiga cárcere, que permita esa formación das persoas ao tempo que se acomete, con sentido social a rehabilitación dun edificio público singular que se está a deteriorar e arruinar pola desidia dos poderes públicos, nomeadamente o municipal.