O prazo de participación rematou o 2/04/2015
5
Presentada por Demetrio Vázquez Martínez
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Na antiga cárcere unha vez rehabilitada.Poderase dispor de espazos onde xuntarse organizadamente, onde ensaiar, onde crear, onde facer espectáculos, incluso onde facer "botellón".Sería un espazo de creación e convivencia, de emprendemento e traballo en común.A autoxestión fomenta o diálogo, a democracia e o aprendizaxe na difil tarefa de compartir o que é común.De non ser posible na ubicación proposta habería que buscar un espazo alternativo.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

1
Comentario de René Gamborino Amaro
Eu esta proposta a vexo fundamental independientemente da localización que puidera elixirxe para o centro é unha necesidade imperiosa para o tecido xuvenil na cidade dotarse dun espazo xuvenil en réxime de autoxestión ben sexa a través de entidades institucionais do asociacionismo xuvenil (ex. Consello Municipal da Xuventude) ben sexa doutras fórmulas. Na liña que se facía na proposta e por concretar algo penso que este espazo debería de respostar as seguintes demandas: - Fomentar a participación e a autoorganización xuvenil, dotando de recursos ás organizacións, colectivos e asociacións xuvenís que operan no ámbito da Coruña.
- Impulsar dinámicas de colaboración entre o tecido político-social xuvenil que posibiliten a posta en marcha de iniciativas de traballo conxunto e a creación e fortalecemento de estruturas de coordinación xuvenil.
- Abrir canles de difusión e promoción á mocidade nos diferentes ámbitos da cultura e a creación xuvenil (audiovisual, escritura, música, etc.).
- Dispoñer dun servizo de asesoramento e orientación académica e laboral para as mozas e mozos coruñeses en coordinación cos servizos de emprego municipais e as centrais sindicais.
- Impulsar a realización de programas e actividades lúdicas das mozas e para as mozas. Promover un modelo de ocio alternativo cimentado dende o activismo, a solidariedade e a participación e elaboración colectiva.
1
Comentario de Llani Zotes Flores
Hace falta más de uno en Coruña (abierto los fines de semana). Incluso con discoteca para los adolescentes

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: espazos-de-convivencia

56
30
14
12
6
6
5
3
3
1
56
30
5
14
6
12
6
3
1
3
3
1
5
6
14
3
6
30
12
56
56
30
14
12
6
6
5
3
3
1