O prazo de participación rematou o 2/04/2015
46
Presentada por Marea Atlántica
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Introducir criterios ambientais (xeración de residuos, toxicidade, etc.), éticos (comercio xusto, condicións de traballo, soberanía alimentaria, etc) e sociais (procedente de economía social) na compra de subministros necesarios para o funcionamento do concello.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

2
Comentario de Emilio José Padrón González
En temas relacionados coa tecnoloxía, como todo o software necesario para o funcionamento do Concello e os seus servizos, eu engadiría o requisito indispensable de que o software empregado sexa (sempre que sexa posible) software libre [1]. No caso de software desenvolvido polo propio Concello, ben directa ou indirectamente (subcontratado) xa non aplicaría o de «sempre que sexa posible»: neste caso *sempre* tería que ser software libre, ao estar desenvolvido con diñeiro público.

O software libre é garante da independencia e soberanía tecnolóxica, favorece o fortalecemento dun tecido tecnolóxico/industrial local e permite compartir o coñecemento entre os pobos.


[1] https://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
2
Comentario de Marcial Blanco Castelos
Imprescindible. Se o Concello establece criterios ambientais, éticos e sociais na xestión propia, é lóxico que valore positivamente ás empresas privadas que máis se acheguen a estes criterios, á hora de contratar bens ou servizos, sexa mediante concurso ou contratación pública.
1
Comentario de CarlosArredor Io
Consumo ergo sum?. Fea propuesta. Saludos.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: compra-publica-responsable

52
46
29
4
52
46
29
4
4
29
46
52
52
46
29
4