Iniciar e establecer a migración progresiva dende os combustibles fósiles a sistemas eléctricos híbridos no transporte público colectivo. Aproveitando a evolución tecnolóxica das baterías de Litio e das estacións de carga super rápidas (6 minutos).
Para iso;
_ non se concentrarán os puntos de inicio/fin de percorrido de varias liñas en determinadas paradas,
_ estudaranse as paradas para que cada liña teña nunha delas o seu punto de inicio/fin de percorrido, non coincidente co doutra liña,
_ ese punto de inicio/fin de percorrido individualizado de cada liña, converterase nunha estación de carga super rápida só para esa liña,
_ reduciranse as emisións (contaminación ambiental),
_ reducirase o nivel de ruido (contaminación acústica).