Adoptar o sistema de reparto postal en bicicleta como nova política municipal en;
_ correo interno do concello
(entre servizos e centros municipais),
_ correo ordinario dentro do ámbito municipal
(relación concello-veciño),
_ reparto de paquetería interna
(préstamos bibliotecarios entre centros cívicos, envío de cartelería entre dependencias
municipais, etc.)
Así, dentro duns niveis semellantes de gasto, apostaríase pola adopción desta política que
implicaría;
_ transmitir a aposta municipal pola economía e o emprego verde,
_ transmitir a clara implicación do concello nunha mobilidade sostible,
_ diminución das emisións (contaminación ambiental),
_ diminución do nivel de ruido (contaminación acústica).