Ampliar as estratexias de xeración de VPO na cidade, incorporando actuacións de pequena e mediana escala, nos barrios consolidados. En lugar de centar o 100 % do esforzo xerador, en crear vivenda de protección oficial en grandes bolsas e operacións mal conectadas co tecido existente.
Poderíase así ;
_ recuperar soares ou edificacións con certo interese, abandonados por promotoras e que deberían de entrar en prlcesos sancionadores por falta de desenvolvemento, aproveitando unha negociación favorable para o público, cos bancos,
_ xerar actuacións cirúrxicas nos barrios consolidados, que respondan aos vínculos de arraigamento e resolvan demandas reais,
_ revitalizar os barrios consolidados eo seu pequeno comercio fixando poboación,
_ rexuvenecer os barrios consolidados, logrando un balance xeracional máis equilibrado e favorable,
_ fixar poboación dentro do concello atendendo á demanda de residencia,
_ contar con locais en planta baixa que poidan atender a fins sociais, dinamizar os barrios, ocomercio ou o emprego,
_ incorporar a VPO en réxime de aluguer á bolsa actual de vivenda.