O prazo de participación rematou o 2/04/2015
2
Presentada por José Ucha Calvo
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Asumir o compromiso de fomentar a participación cidadá en todos os ámbitos; goberno, xestión, orzamentos, planificación e actuacións urbanísticas, etc..
_ Iniciar un proceso participativo para a creación, aprobación e aplicación urxente, dun regulamento de participación cidadá.
_ Estudar a posibilidade de crear unha Concellería de Participación Cidadá.
_ Implementar a figura do dinamizador de participación cidadá en cada barrio, para xerar unha auténtica cultura real de participación e manter un diálogo fluído e constante cos veciños.
_ Realizar un traballo de campo, serio e rigoroso, en cada barrio, para coñecer de primeira man as necesidades, horizontes e desexos, dos veciños para os seus barrios.
_ Consensuar protocolos e metodoloxías de traballo e xestión da información coas entidades veciñais. Para garantir unha participación real e plural.
_ Establecer unha relación totalmente horizontal entre as entidades veciñais e o concello. Sen interlocutores intermedios que as silencien.
_ Fomentar o traballo en grupo ou equipo, entre entidades veciñais, ante problemas similares ou comúns.
_ Traballar cos diversos colectivos e entidades, na comprensión da cidade como un organismo complexo, superando as barreiras dos barrios e distritos. Traballando na xeración de consensos globais.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: participacion

50
47
23
16
14
10
9
6
5
2
2
2
1
50
47
16
23
5
1
14
10
6
9
2
2
2
2
2
2
9
1
5
6
23
10
16
47
14
50
47
50
23
16
14
10
9
6
5
2
2
2
1