O prazo de participación rematou o 2/04/2015
12
Presentada porDanielEspiñeira
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Tonucci di nos seus libros algo así como que "unha cidade boa para os nenos é unha cidade boa tamén para os maiores". A miña proposta vira ao redor o proxecto "La citta dei bambini" [1], un proxecto internacional que pretende poñer no centro das nosas cidades a mirada do neno para construír un espazo máis axeitado para a crianza, para a vida. Un proxecto político, e non tan só educativo, como lembra Francesco nas súas charlas. Un proxecto político que pretende ampliar a democracia, mudar as institucións municipais, os centros educativos, reformular o urbanismo para crear espazos mais respectuosos coas persoas e mais enriquecedores... crear unha outra cidade posible, coa participación de nenos, nenas e maiores.

O primeiro paso sería adherirse de xeito efectivo ao proxecto internacional e garantir os recursos para unha participación activa no desenvolvemento de medidas relativas ao proxecto, creación de organismos de participación, etc.

Na cidade de Pontevedra temos un bo exemplo a seguir para desenvolver algunhas das medidas pois trátase dunha cidade que destaca internacionalmente na súa aplicación do proxecto iniciado por Tonucci.

+info
[1] http://www.lacittadeibambini.org/

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

1
Comentario deLeticiaBarbadillo
Sen dúbida, unha das mellores inversións que se pode facer: deixar que os nenos recuperen a cidade para que a cidade mellore.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: coidados

26
23
12
8
23
8
12
26
12
8
26
23
26
23
12
8