O prazo de participación rematou o 2/04/2015
6
Presentada por Rubén Fernández Sotelo
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Crear un programa que pase por los siguientes puntos:

Necesidades de software por parte del ayuntamiento.
Opciones libres para cubrir las necesidades.
Formación previa de los funcionarios para el uso del nuevo software.
Busqueda de empresa local que pueda gestionar el cambio de software.
Cambio del software.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

3
Comentario de Jorge Diz Pico
Na Coruña hai longa tradición de asociacións e eventos de software libre na Universidade. Paréceme ben, fomentaría o emprego local no canto de mandar os cartos fóra.
2
Comentario de Emilio José Padrón González
Eu penso que, ademais dunha avaliación, a Marea Atlántica ten que levar no seu programa unha proposta de plan de migración a Software Libre de todos os servizos dependentes do Concello, sempre que tecnicamente sexa posible, que é case sempre. Pola miña experiencia sei que moitas veces, ademais de pouca vontade política, hai reticencias por certos sectores do persoal administrativo e de servizos para certos «cambios». Evidentemente ten que haber formación para afrontar eses cambios, como seguro que a ten que haber coas migracións *forzosas* ás que obriga o uso de software privativo: o Concello tivo que afrontar hai pouco, por exemplo, o cambio de sistema operativo en moitos dos seus sistemas, pois estaban aínda a usar o Windows XP, ao que Microsoft deixou recentemente de dar soporte. Lamentablemente non se aproveitou para apostar polo Software Libre, e ese sistemas migráronse á nova versión do sistema de Microsoft, Windows 8, o que tamén supón importantes cambios desde o punto de vista dunha usuaria (vaia, que a excusa do cambio como problema non se usa cando interesa).
2
Comentario de Emilio José Padrón González
Como comenta Jorge Diz Pico, o uso de Software LIbre na administración supón a aposta por unha filosofía que permite o fortalecemento dun tecido tecnolóxico local, escapando das mans das transnacionais da tecnoloxía.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: transparencia

39
34
32
18
15
12
11
9
7
6
2
12
6
15
39
18
32
7
9
34
11
2
6
9
2
18
7
11
34
39
32
12
15
39
34
32
18
11
9
15
7
12
6
2