O prazo de participación rematou o 2/04/2015
56
Presentada por Marea Atlántica
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Creación dun programa de apoio ás hortas urbanas comunitarias autoxestionadas, que parta da localización de espazos de oportunidade e persoas usuarias interesadas e lles proporcione medios e asesoramento para a constitución das mesmas.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

4
Comentario de Alejandro Castro Sanchez
Na cidade de Vitoria aplicouse con moito éxito a expropiación temportal de terreos non construídos (ata que o propietario vendese ou construise) para a creación de hortas urbanas neses terreos. Estas destinanse principalmente a parados e xubilados para crear autoabastecemento e fai que estes espazos non xeneren feismos urbanisticos con solares baleiros e sen uso aparente
3
Comentario de Jose Davila
Na zona dos Mariñeiros , preto do Agora, cltivouse dende sempre esas terras. Agora por desgracia a veciñanza non o pode facer. Penso que o concelo debe tentar de axudar na xestión para conseguir que as persoas interesadas poidan diafrutar das hortas nun bario tan castigado polo urbanismo sen control.
2
Comentario de Antonio Vazquez
moi boa, e necesario acadar a soberania alimentaria
1
Comentario de CarlosArredor Io
Atrae eh¡. Que medre. Un saludo.
1
Comentario de José MARTINEZ-ROMERO GANDOS
Moi boa proposta. Cumpre con varios obxectivos fundamentáis para os cidadáns e as cidadanas
-1
Comentario de Llani Zotes Flores
No estoy de acuerdo:
1 - Si yo tengo un terreno, es mío, no quiero que me lo expropien y hago con él lo que me venga en gana.
2 - Si el ayuntamiento me cede un terreno para que lo trabaje y pueda con ello autoabastecerme, lo trabajaré y mi manutención dependerá de esto, por lo tanto ya no podría quitármelo pues me dejaría sin sustento. O sea el terreno pasaría a ser mío.
Entiendo que si el abandono de un terreno perjudica a la ciudad, el Ayuntamiento debe intervenir y, en caso de expropiación, tendría que gestionarlo en beneficio de los vecinos haciendo de él un espacio público (el área metropolitana de Coruña necesita ya preservar espacios verdes) y, en todo caso, explotarlo como empresa pública (granja escuela municipal, escuela de agricultura ecológica municipal, albergue municipal para estudiantes, ...) contratando a parados de la zona.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: espazos-de-convivencia

56
30
14
12
6
6
5
3
3
1
56
30
5
14
6
12
6
3
1
3
3
1
5
6
14
3
6
30
12
56
56
30
14
12
6
6
5
3
3
1