O prazo de participación rematou o 2/04/2015
1
Presentada por jose castro quian
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Galicia é o un dos poucos países ligados ao fenómeno migratorio que non conta cun centro museístico dedicado á memoria, o estudo é a difusión da súa diáspora. 
A Coruña ten un vencello histórico importantísimo coa emigración. Dos peiraos coruñeses partiron centos de miles de homes e mulleres cara América. 

A situación ideal do museo sería o Porto a Coruña, neses espazos que van quedar abertos á especulación co traslado a Langosteira, e que deben ser utilizados en beneficio da cidadanía, e non para que os de sempre fagan o seu negocio. Outro alas de gaviota como o de Paco Vázquez  sería nefasto. O potencial educativo deste centro sería enorme, alén do aspecto emotivo. 
No tocante ao orzamento para a execución do proxecto e os gastos da xestión, é evidente que o concello non pode cargar nestes tempos cun gasto excesivo. O lóxico é a implicación das diferentes administracións no proxecto: Ministerio de Cultura, Ministerio de exteriores, Xunta de Galicia, Deputación, Porto e Concello. 


Neste enlace pódese comprobar como moitos pobos teñen un  museo ou memorial da emigración. Galicia debe ter o seu, coido que non é urxente, pero sí é importante. Non existe, e a cidade ten aí unha oportunidade. 
http://www.migraventura.net/sites/default/files/MUSEOS_EMIGRACION.pdf

O Arquivo da emigración galega leva desenvolvendo un traballo moi completo neste eido desde hai moitos anos. Obviamente o seu papel na creación e xestión do museo sería principal e determinante. 
http://www.consellodacultura.org/aeg/

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: cultura-memoria-identidades-xeral

55
7
7
3
1
1
55
7
7
1
3
1
1
3
1
7
7
55
55
7
7
3
1
1