O prazo de participación rematou o 2/04/2015
47
Presentada por Marea Atlántica
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Faremos unha análise e inventario dende infraestruturas e colectivos organizados ate artistas, profesionais, escolas, etc...

Precisamos saber os recursos que posuimos de modo que poidamos analizar o seu funcionamento para que este se optimice, reactive e se achegue á cidadanía.

Non é necesario construir novos espazos, senón aproveitar razoablemente os que xa temos, incuindo novos usos e xerando canles de participación para a cidadanía.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

2
Comentario de Carmen Lago
Paréceme mío importante
2
Comentario de Pedro Incio Piñeiro
E necesaria; a última axenda que se fixo con datos completos neste eido é de 19894. estos son os datos:
Agenda de servicios educativos y culturales, Ayuntamiento de La Coruña / [esta agenda ha sido realizada por J. Daniel Buján ... et al.]. [A Coruña : Servicio Municipal de Educación, [1984]
E moi completa e pódese tomar como modelo
Contade conmigo
Pedro Incio
Xefe da Sección de Información do Servicio de Biblioteca da Universidade da Coruña
2
Comentario de Daniel D´Agosto Malvís
Importantísimo saber qué temos, qué espazos e qué artistas e profesionais temos, para saber aproveitar recursos e impulsar a creación artística en tódolos eidos dos artistas coruñeses/as e apoialos.
2
Comentario de Daniel remeseiro
So necesitamos organizanos, xa temos infraestructuras e xente o que e necesario e que o arte sea participativo e se achege os ciudadans.
1
Comentario de Tomás Legido
Na cidade hai unha intensísima actividade cultural a diario. En moitos casos o que se precisaría sería lograr que máis persoas se sumasen como espectadores a eventos dos que case ninguén ten coñecemento. É díficil pero non imposible. Ampliando o espazo de axenda nos medios de comunicación... facendo campañas para apoiar á cultura como se fai as veces con pequeno comercio... Pensando seguro que atopamos sistemas para facelo.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: artes

47
16
8
7
3
1
47
16
3
8
7
1
1
7
3
8
16
47
47
16
8
7
3
1