O prazo de participación rematou o 2/04/2015
13
Presentada porXoseAller
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Xerar un banco de aluguer para locais comerciais na cidade, co fin de fomentar o comercio de cercanía e de barrio. Este banco de aluguer terá unha normativa  de uso, onde o prezo, contrato e  condicións do aluguer..... o poría o Concello, segundo diveros factores ( ubicación, estado, mercado, anos de aluguer ...). Como contraprestación  concello sería que avale as condicións do locais e  do contrato, e no caso de conflicto entre partes faría de arbitraxe.
Ventaxas
1) Quen alugue na bolsa poderá ter algunha rebaixa no pago de impostos municipais.
2) Para os donos dos locais tamen haberá rebaixas no pago do IBI  ou impostos municipais mentras estexan dentro da bolsa de alugueiros, asi como publicidade na web e nos locais....
3) Crear un espazo grautito de publicidade do local e condicións para alugar.
4) Crear relacións entre negocios  a traves de actos e xornadas que potencien os negocios dos bolseiros non so da cidade senón publicitando os negocios noutros ámbitos onde o Concello pode chegar.

Ideas a desenvolver:
a) Xerar unha oficina municipal que xestione este tema, xunto con outras de índole económica.
b) Potenciar o Coworking a través da cooperación e de compartir espacios entre empresas co aval do concello.

..........



Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

1
Comentario deMarcialBlanco Castelos
Locais sen negocios e negocios sen local... Os prezos de moitos locais están moi por riba do razoable e do que permite a situación económica actual. Os locais que leven máis dun ano sen alugar deberían pagar un importante recargo na súa cota de IBI, a menos que se sumen voluntariamente a esta bolsa de aluger.
1
Comentario deAlbertoRivera Rey
Gran idea para incentivar a ocupación de locais vacíos

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: modelo-economico-enerxetico-xeral

20
19
14
13
12
11
10
7
3
1
13
14
11
3
19
10
20
12
7
1
1
7
14
12
20
10
19
3
11
13
20
19
14
13
12
11
10
7
3
1