A existencia de 3 grandes polígonos industriais, POCOMACO, A Grela e VIO, dentro da cidade da Coruña ten que ser o aval suficiente para que o Concello poida ser parte no impulso económico de PEMEs e autónomos.
A proposta ten 2 partes:
a) Crear unha bolsa de naves comerciais para impulsar a economía da cidade (Tipo bolsa de aluguer de comercios de barrio).
b) Asumir el custo de naves ou de nova creación que servan para a implantación de novas PEMEs a cambio de emprego digno e sustentabel. ( Sería regular cunha normativa que xerase interese nos emprendedores, facilitandolles o inicio da sua andaina profesional a cambio de que se creen empregos dignos e empresasa sostibeis e sustentabeis).
Todo iso con convenios de colaboración coa Universidade da Coruña para fomentar o emprego de emprendedores