O prazo de participación rematou o 2/04/2015
55
Presentada por Alberto Lema
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

O Concello da Coruña promoverá políticas encamiñadas á recuperación da lingua galega mediante a aplicación efectiva do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade polo Parlamento Galego no 2004.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

5
Comentario de Alfonso Mascuñana Bordas
Paréceme ben; apela a unha norma aprobada unanimamente no Parlamento Galego e supón decir "non" á desfeita de valores identitarios.
2
Comentario de Jorge Diz Pico
Coruña foi o berce de moitas iniciativas a prol do galego no pasado. Recuperemos ese pulo! Pódese ser unha cidade grande, aberta e ben galega ao tempo :)
1
Comentario de Concha Sanchez Sanchez
Sería xenial falar no Concello o galego

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: cultura-memoria-identidades-xeral

55
7
7
3
1
1
55
7
7
1
3
1
1
3
1
7
7
55
55
7
7
3
1
1