O prazo de participación rematou o 2/04/2015
24
Presentada porAntónPérez Rodríguez
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

  1. Suprimir todo tipo de simboloxía relixiosa nos actos oficiais e nos espacios de titularidade pública que dependan das Administracións. As Administracións non promoverán ritos nin celebracións relixiosas de ningún tipo.
  2. Os actos públicos oficiais serán exclusivamente civís e sen connotacións relixiosas. Ningunha autoridade pública ou funcionario participará, en calidade de tal, en actos de natureza relixiosa. Os membros da corporación local e o persoal ao servicio da Administración municipal non mostrarán, no exercicio do seu cargo ou das súas funcións, ningún xesto de submisión ou veneración de persoas ou imaxes relixiosas (tales como xenuflexións, bicar aneis, etc.). Os regulamentos municipais de honores e protocolos e dos seus entes públicos adecuaranse á “non confesionalidade do Estado”, que ampara o artigo16.3 da actual Constitución. Non serán invitados a actos civís, ou considerados autoridade pública, os representantes eclesiásticos de calquera confesión.
  3. Quedan suprimidos, e ademais con carácter retroactivo, todos os honores ou votos públicos a advocacións, santos, imaxes ou simboloxía representativa relixiosa, como condecoracións, nomeamentos de alcaldes e alcaldesas perpetuas, etc. Tampouco o Concello e a súa corporación se encomendarán a santoral, imaxes ou rituais relixiosos.
  4. Todos os edificios e instalacións dependentes da Administración local, así como os seus organismos autónomos e demais entes estarán exentos de calquera tipo de simboloxía relixiosa, para cumprir cos principios de separación e neutralidade da administración pública. A tal fin, retirarase calquera símbolo relixioso que puidera haber en calquera deles e a alcaldía determinará o seu destino posterior, o seu rexistro e protección en dependencias municipais ou a súa doazón a entidades relixiosas que puideran ter interese neles.
  5. Non se doará, nin facilitará terreo público nin locais, nin se concederá financiamento público ou exencións fiscais municipais para a instalación de infraestructuras ou realización de actividades a ningunha confesión ou institución relixiosa. Así mesmo, as confesións relixiosas veranse obrigadas a pagar todos os impostos municipais, incluído o de Bens Inmobles (IBI), que se deriven da súa actividade, xa sexa de carácter relixioso ou mercantil.Os Concellos elaborarán un censo público das propiedades da Igrexa Católica, doutras confesións que están exentas de pagar o IBI, tanto de centros de culto como doutras actividades mercantís ou sociais. Tamén, no seu caso, elaborará un censo das propiedades rústicas e urbanas das que se teña apropiado a Igrexa Católica mediante o sistema de inmatriculación. Tamén se elaborará un censo doutras entidades públicas ou privadas que estean exentos do pago do IBI.
  6. O Concello facilitará que as cerimonias civís (acollida, matrimonio e funerais) poidan celebrarse sen obstáculos, dando á cidadanía todo tipo de facilidades para isto, e poñendo a adecuada infraestructura.
  7. Nos cemiterios públicos, que serán civís, e nos tanatorios públicos ou de xestión privada, asegurarase que todos os familiares dos defuntos, sen exclusión algunha por motivos de relixión ou de conviccións, poidan celebrar as cerimonias que lles parezan pertinentes. Ningún símbolo, icona ou emblema de calquera tipo, representativo dunha relixión ou dunha ideoloxía particular, poderá presidir estes espacios públicos, a excepción dos que aos familiares dos defuntos lles pareza oportuno utilizar no transcurso das cerimonias, e dos que desexen exhibir na sepultura do finado. Incluso os concellos deben, se é posible, procurar espacios específicos para enterramentos de relixións organizadas minoritarias, se o solicitan.
  8. Incorporaranse referencias e conmemoracións de carácter civil ao calendario oficial, centros públicos e ás guías de rúas municipais, así como datas fixas e denominación neutra ás vacacións escolares, fixadas a través do Consello Escolar Municipal.
  9. Declaración das festas locais en referencia a acontecementos que unan a todos os cidadáns e cidadás, e non aos referentes a unha parte da cidadanía que teñen determinadas crenzas. Facendo especial relevancia a acontecementos ou persoas que tiveron que ver coa historia, a cultura ou os valores cívicos da sociedade local que o Concello representa.
  10. O Concello, en períodos electorais, só facilitará colexios ou locais no confesionais e, polo tanto, libres de simboloxía relixiosa para o exercicio democrático de votar.
  11. O Concello abrirá un “Rexistro Municipal de Testamentos Vitais” co seu propio Regulamento para o rexistro voluntario da libre vontade con respecto á fase final da propia vida, e cos efectos xurídicos que las leis establezan, para colaborar coa administración sanitaria.
  12. O Concello promoverá a liberdade de conciencia e de conviccións e velará para que ningún dereito de este exercicio sexa vulnerado. Para isto poderá dispor dunha “Oficina de defensa da liberdade de conciencia”, onde se poidan recibir e tramitar queixas e suxestións da cidadanía. No obstante a cidadanía, a título individual ou colectivo, amparada nas súas crenzas relixiosas, non poderá cuestionar normas comúns que o son do conxunto da cidadanía, ao menos nos espacios públicos. Así mesmo o Concello promoverá campañas informativas sobre o significado da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, sobre a liberdade de conciencia e sobre o principio constitucional: “Ningunha confesión terá carácter estatal”
  13. Laicidade e Escola pública. Os poderes públicos locais velarán pola laicidade dos ensinos impartidos nos itinerarios oficiais, dentro dos centros educativos de titularidade pública e dos privados sostidos con fondos públicos, coa fin de evitar calquera interferencia nos obxectivos educativos de conviccións particulares relixiosas, filosóficas ou ideolóxicas. E isto supón a retirada de simboloxía relixiosa e á celebración ou participación en actos relixiosos.
  14. Mocións. Os Concellos, naquelas cuestións que non sexan da súa competencia, promoverán mocións e resolucións, coa fin de solicitar ao Estado que tome as medidas lexislativas conducentes ao establecemento do Estado laico e a eliminar todos os privilexios dos que goza a Igrexa Católica e outras confesións relixiosas e que figuran neste documento de medidas e propostas. Tamén, no ámbito das súas competencias, poderán elaborar Ordenanzas ou Regulamentos de laicidade municipal.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

1
Comentario deJorgeDiz Pico
Son cousiñas de sentido común, pero inda no ano 2015 parece que hai que pelexalas...
1
Comentario deLlaniZotes Flores
Hay que eliminar la asignatura de religión de los centros educativos en horario lectivo. Como tienen obligaciones y convenios con la iglesia que les presten las instalaciones para su "educativo-religioso" en horario extraescolar y con eso van que chutan.
1
Resposta deRubénFernández Sotelo
Esto no depende del ayuntamiento.
1
Comentario decarlosrico lesta
Apoyo el laicismo en su más amplia expresión.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: radicalizacion-democratica-xeral

24
6
3
24
6
3
3
6
24
24
6
3