Comentario deDavidBarro
Estimada Rosa e participantes da Marea. Antes de nada agradecer o interese na Fundación Luis Seoane e alégranos que sexa do interese da cidade e da cultura en xeral. Estamos dacordo coa proposta de Rosa, que traballou en anteriores etapas da Fundación, de propor unha presencia expositiva permanente da obra de Luis Seoane e así foi aprobado no noso último padroado celebrado neste ano 2015. Dende a miña chegada á dirección estiven a estudar a obra de Luis Seoane, tamén o realizado ata hoxe na Fundación, para comenzar a elaboración do catálogo razonado, que abriremos de modo introductorio na grande exposición que, como ben coñece Rosa e foi anunciada hai meses, celebrarase no MARCO de Vigo en coprodución coa Fundación Luis Seoane. Este proxecto de visibilidade en Galicia da obra e figura de Luis Seoane exhibirase nas principais cidades galegas (na Fundación Granell de Santiago, no Museo Provincial de Lugo, no Centro Torrente Ballester de Ferrol, no Museo de Belas Artes de A Coruña, etc.) e, por suposto, na Fundación Luis Seoane, entre outros lugares, configurando a maior mostra que historicamente foi feita sobre Luis Seoane, recollendo a súa labor artística, como deseñador gráfico, industrial, poeta, e emprendedor en xeral. Tamén está aprobado un programa para levar a figura de Luis Seoane ás escolas galegas, o que complementará as visión pedagóxicas que sobre a súa figura facemos na propia Fundación. No 2014 abrimos por primeira vez na historia da Fundación a biblioteca ao público, que pode así consultar sobre a súa vida, obra e contexto; e tamén comenzamos a restauración dalgunhas das obras, traballo que non se tiña comenzado ata o dagora. Penso que todos esto está en línea coa vontade da fundadora e do propio Luis Seoane, simplemente, entendemos que despois de máis de 15 anos de historia da Fundación o primeiro a facer é un exhaustivo traballo interno para mostrar á cidadanía novas visións, non repetitivas, que proxecten novos ollares sobre á obra de Luis Seoane. Neste sentido, se ten ampliado o legado da Fundación con doazóns de artistas novos como Tatiana Medal, Misha Bies Golas o Damián Ucieda que traballaron sobre aspectos da obra de Luis Seoane, conectando a súa obra coas xeracións máis novas. Para un maior recoñecemento internacional e peninsular da figura de Luis Seoane foi tamén preciso contextualizar a Fundación e colocala no mapa dos centros expositivos, daí a importancia de exposicións como a da galega Angela de la Cruz, coruñesa que nunca tiña exposto na súa cidade e sí, individualmente en espazos como o da TATE. Esas recuperacións dos artistas galegos que traballan fora tamén entran no espírito de Luis Seoane e de Maruja, a fundadora, e permiten a entrada nunha segunda fase onde a figura de Luis Seoane pode ser contexualizada fóra de Galicia dun modo máis efectivo. Neste mes de abril presentaremos a programación do que resta de 2015 e primeira metade de 2016 e anunciaremos a mostra dun artista clave na súa relación con Luis Seoane por primeira vez na Fundación.
Grazas polo interese e seguiremos traballando para que a Fundación Luis Seoane sexa un espazo cultural activo e aberto para todos e para todas. David Barro, director xerente da Fundación Luis Seoane