Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros son de feito barrios da Coruña, pero cun urbanismo, vías de comunicación, transportes e servizos públicos moi diversos que non contribúen a un desenvolvemento conxunto da comarca. Non hai máis que coller o bus ou chegar á Zapateira, para ver como a vías morren sen solución de continuidade e as dificultades que teñen os habitantes dos distintos concellos para se desprazar entre eles e como viven uns de costas aos outros. Cómpre unha nova construcción da comarca coruñesa na que se prevea o futuro deseño das vías de comunicación e das áreas de desenvolvemento urbano, industrial e rural para unha optima coexistencia dos distintos sectores aproveitando as sinerxías de todos os actores implicados.