O prazo de participación rematou o 2/04/2015
45
Presentada por Diego Jiménez
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

Substituír os nomes de personaxes vinculadas á ditadura por outros, que recuperen a nomenclatura histórica da cidade e respecten a memoria colectiva da veciñanza da Coruña.

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

4
Comentario de ELENA SANCHEZ SANTOS
Xa debería de estar feito. Unha vergoña de gobernantes.
3
Comentario de Jorge Diz Pico
Coma a rúa General Sanjurjo, que foi Avenida de Oza nin sete días, cando tiña de ter mudado xa para sempre.
2
Comentario de Rafael Rioboo García
Non só cambiar nomes de rúas e prazas, tamén retirar estatuas co mesmo motivo.
1
Comentario de Concha Sanchez Sanchez
Me encantará ver nas nosas rúas nomes de defensoras dos dereitos humanos, e retirar as de franquistas e persoas que loitaron a prol do fascismo
1
Comentario de Juan Fuentes
Sería suficiente con cumplir la ley.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: memoria

45
14
45
14
14
45
45
14