O prazo de participación rematou o 2/04/2015
43
Presentada por Carlos Rodríguez Landrove
(Medida orixinaria do grupo de traballo de programa)

Proposta:

É preciso ter iluminado toda a noite un edificio público ou privado ? Está ben empregada a iluminación das rúas se parte ilumina fachadas ou vai ó ceo ? É excesiva a iluminación nas rúas ? Pódese regular a iluminación pública para que gaste menos ? Empréganse ben os sistemas de novas lámparas Led ?                         A contaminación lumínica é unha realidade, afecta ó medio ambiente e ao ser humano. Despilfárranse recursos iluminando toda a noite, cando ninguén o precisa, edificios con iluminación artística que ademáis pérdese polo ceo.É preciso facer un estudo de esa mala iluminación, ver solucións modernas que non teñen por qué pasar por comprar carísimas luminarias que seguen iluminando mal, e un sinxelo regulamento de cómo e en qué horarios se pode iluminar edificios e outros elementos son solucións aplicables.Este sábado 28 de marzo celébrase en Mª Pita a "hora do planeta" apagando as luces unha rídicula hora. Cánto tempo permanece encendida a iluminación deste edificio e outros públicos e privados ?


referencias: 
Entrevista a Fernando Jáuregui, presidente de la asociación contra a contaminación lumínica ´Cel Fosc´ (ceo escuro en catalán) 
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/03/06/coruna-estuviese-iluminada-seria-bonita/934099.html
vídeo: "Luces en la noche"
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=vv8HHdpt8Es#!

E sobre a perda do patrimonio cultural e vital que representa non poder disfrutar de un ceo escuro e estrelado, 
Artigo de Jáuregui vía calidadedoceo.wordpress.com
http://www.cofis.es/pdf/fys/fys21/fys21_06-07.pdf

Gústache esta medida para Coruña? Compártea!

3
Comentario de Pancho Casal Área de Empleo y Economía de Podemos
Paréceme unha proposta moi importante, moito máis do que a xente pensa.
Ademais de todo o exposto polo propoñente, a contaminación lumínica ten importantes consecuencias negativas para a saúde dos humanos e o resto de animais que poboan a cidade.
1
Comentario de Concha Sanchez Sanchez
Poder ver as estrelas será un auténtico pracer, e ademais aforramos enerxía
1
Comentario de Carlos Rodríguez Landrove
unha pequena mostra, muralla da cidade vella na zona do rectorado:
https://pbs.twimg.com/media/CBAw1hFWYAAhri0.jpg
1
Comentario de ELENA SANCHEZ SANTOS
Neste tema vexo moitos edificios públicos, polo serán, coas luces encendidas, cando non ten ningunha actividade.
1
Comentario de Óscar del Pozo Galiñanes
Estaría ben que se estudase a posibilidade de en certas rúas con pouco movemento, se instalasen luces de intensidade regulable e que iluminen máis cando se detecte (de algunha forma) o paso de xente. Non sei se é algo viable, pero seguramente representase un aforro enerxético considerable de existir a posibilidade.

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía da Coruña poida contribuír ao programa da Marea Atlántica. Calquera persoa que se rexistre pode presentar aquí a súa proposta, así como debater, valorar, comentar e suxerir melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada poroposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.

Por que algunhas propostas teñen o logo da Marea Atlántica?

Son propostas que se traballaron nos últimos meses desde o “equipo de programa” xunto coa cidadanía da Coruña, entidades sociais, equipos técnicos, … Ao ser propostas con un certo traballo detrás pensamos que deben ter unha marca que as identifique.

Borrades propostas ou comentarios?

Isto non é un foro de debate xenérico, é unha plataforma de discusión e elaboración de propostas para mellorar a nosa cidade.
Un equipo con varias persoas adícanse á moderar e coidar o bo funcionamento da plataforma. Eliminaranse os envíos que consideremos troleo ou que conteñan insultos.

Consulta outras medidas na mesma categoría: eficiencia-enerxetica

48
43
39
33
8
43
39
48
33
8
8
33
43
48
39
48
43
39
33
8