A actividade dos nosos representantes electos, nos distintos ámbitos políticos (municipal, autonómico e nacional) , debería estar regulada por un estatuto propio, que fixara uns mínimos de actividade, unhas canles de control e mecanismos de control e fiscalización da sua actividade- Tamén a través de ese estatuto, fixaríase a obriga de comunicar directamente cos seus electores. Propoño agora o desenvolvemento dun estatuto de control para os representantes municipais que tería os seguintes puntos: 1. O “Estatuto regulador da actividade dos representantes municipais electos”obrigará a todo-los representantes políticos da cidadanía no ámbito municipal. 2. Sempre que exista unha dedicación exclusiva e completa, recibirase por ela unha remuneración, que en ningún caso estará por riba dunha cantidade equivalente a 3,5 veces o SMI para os concelleiros, e 4 veces o SMI para o alcalde. A estas cantidades poderán sumarse a dietas por desplazamentos, que se cobrarán única e exclusivamente despois da sua justificación documental. 3. A xornada anual dedicada as labores de representación terá un mínimo de 1525 horas/ano. 4. Cada representante terá a obriga de recibir aos electores da sua circunscripción que o soliciten polos cauces establecidos, e para esto adicarase a esta labor, un mínimo de 2 horas cada semana, que podrán ser acumuladas se se considerase pertinente en 4 horas cada quincena. Polo menos o 75% de estas horas en cómputo anual, desenvolveranse dentro do ámbito xeográfico da sua circunscripción electoral.- 5. O pleno municipal, só permanecerá sin actividade entre o 15 de xulio e o 20 de agosto; e entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro.- 6. Terán consideración de horas traballadas, as que se adiquen as seguintes actividades: 6.a.- Presencia nos plenos. 6.b.- Presencia no despacho, dentro do axuntamento desenvolvendo actividade relacionada co a sua representación. 6.c.- Recepción ou entrevista cos electores que o teñan solicitado.- 7. Cada un dos representantes estará obligado a xustificar todas e cada unha das horas dedicadas as suas labores, mediante un diario electrónico no que se justificarán as horas fichadas na cámara de representación, e documentaranse toda-las actividades levadas a cabo, con fotografías, videos, declaracions de prensa, mociones presentadas, actas de reunions, actas de recepción de electores, etc. Este diario será público e estará disponible en Internet, para que cualquer persoa poda consulta-lo libremente en cualquer momento.- 8. Crearase ademais un órgano independente que velará polo cumplimento de este estatuto, con capacidade para amonestar a quen o incumpla e para abrir un expediente disciplinario que despois de probar convenientemente os repetidos incumplimentos de un representante, poida proceder a presentar ó pleno un expediente de retirada da acta de representación do representantes expedientado, que deberá ser refrendada polo pleno por mayoría absoluta.- 9. O concello creará unha web municipal donde se podan consultar todos esos datos que estarán a disposición da cidadanía, ademais da declaración de bens anual de cada concelleiro e unha ferramenta telemática de propostas, debate e votación, artellando así mecanismos para que propostas cidadáns poidan ser elevadas ó pleno para ser obligatoriamente votadas polo mesmo. 10. Para todo o que non esté previsto en este estatuto, os representantes municipais, ateranse as normas polas que se rixen os funcionarios municipais. A tales efectos o alcalde terá os mesmos dereitos que un funcionario municipal de Grupo A, e os concelleiros terán os mesmos dereitos que un funcionario municipal do Grupo B.-