Debemos profundizar na investigación e desenvolvimento de mecanismos que faciliten a utilización do referendum como ferramenta de poder para os cidadáns, á hora de decidir sobre temas especialmente sensibles e que teñen grandes repercusións sobre os seus dereitos e sobre a xestión dos seus cartos, como poden ser os modelos presupuestarios, grandes inversións estructurais, estructuración e desenvolvemento dos servicios sociais municipais, e calquera outra que pola sua importancia presupuestaria ou social, se estime oportuna. En outros paises, de forma periódica e normalizada, incluso sobre temas que poden ser considerados de menor calado, convócanse referéndums, como é no caso de Suiza, que dende 1978, ten convocado cerca de 300 consultas populares, sobre reformas constitucionales, peticións populares, e os seus resultados teñen forza de ley. O referendum é a mais alta expresión da democracia que se pode dar, xa que a totalidade dos cidadáns con dereito a voto deciden de forma directa e sen intermediarios. O Concello debería artillar mecanismos que deran cobertura legal as solicitudes de referendum por colectivos ou individuos, indicando o número de persoas que deberían avalar esa solicitude, así como o plazo de recolleita dos avales. Poderíase incluso fixar unha data anual, na que se concentraran as consultas de ese ano, minimizando así os problemas loxísticos e de comunicación. Tamén deberían investigarse formas de voto mais axiles, como a telemática que facilitaran a participación dos cidadáns sen provocar perdas de xornadas laborais, nen sobrecostes innecesarios.