As normativas internacionais en materia de Dereitos Humanos e mesmo a Constitución Española recoñecen o dereito de todas as persoas a expresarse a través de calquera medio de reproducción. Lamentablemente este dereito non está garantido no territorio do estado español pola acción da propia administración, que impide pola vía de feito o acceso ao espazo radioeléctrico da cidadanía a través de medios de comunicación propios, a diferencia de paises coma Francia, Irlanda, Gran Bretaña, Noruega, Uruguai, Arxentina, Australia, Canada, ... (a lista sería longa).
Sendo consciente de que non existen competencias municipais específicas na materia, entendo que o posicionamento das administracións locais na defensa dos dereitos fundamentais da cidadanía non pode ser neutral. Especialmente cando a maior parte dos medios atópanse nas mans do 1%.
Propoño pois que o futuro goberno da Marea Atlántica apoie aos medios do terceiro sector e inste a outras institucións (nomeadamente á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado) a que garantan o dereito a comunicar de todalas persoas.