Tendo en conta a difusión deste deporte nos últimos catro anos e existindo unha comunidade organizada de máis de 80 xogadores en activo na cidade repartidos entre a "Liga Galega de Fútbol Gaélico" e "Liga Gallaecia de Futebol Gaélico Misto" propoño a creación ou acondicionamento dun terreo de xogo para a práctica deste deporte.
Aínda que o ideal sería a creación dun campo novo; debida as similaritudes co fútbol inglés ou "soccer", poderíase reutilizar ou combinar ambas disciplinas simplesmente engadindo unhas balizas nas porterías e pintando as liñas no terreo; polo que os custes serían moi axustados.
Esta sinxela medida crearía promoción e difusión deste deporte a nivel galego e estatal; así como afianzaría a posición da Coruña coma unha das cidades pioneiras e promotoras deste deporte en Europa.