Proposta:
Son moitas as propostas que se poden facer neste aspecto, pero é necesario unha reforma xeral que comece desde cero. A miña proposta desglósase en diante:
-Revisión da concesión a Tranvías de La Coruña xa que é unha empresa privada, que se está lucrando dun servizo público para repartir beneficios entre os accionistas mentres sube o prezo das tarifas. Ademais utilizando no seu nome un topónimo incorrecto.
-Revisión das liñas, con mellores conexións con barrios afastados do centro coma Novo Mesoiro e con polígonos industriais, ademais das principais áreas comerciais situadas nos lindes da cidade.
-Recuperación do carril bus en rúas con elevado tránsito de turismos.
-Abaratamento dos custes para as usuarias habituais con tarifas 'planas' semanais e mensuais.
-Abaratamento do prezo para xente desempregada, estudantes e maiores de 65 anos.
-Gratuidade do servizo para xente discapacitada.
-Posibilidade de transbordo sexa pagado o viaxe con tarxeta Millenium ou en efectivo.
-Mellora da posibilidade de transbordo e confluencia co transporte metropolitano, permitindo que este vaia alén da estación de autobuses. Así mesmo facilitar a posibilidade de que liñas municipais podan entrar en concellos colindantes.